ImaxiNaturas é un laboratorio de
ideas, un lugar onde imaxinamos dende a reciclaxe e onde reciclamos
para transformar.
No noso proxecto non é a idea a que
crea o produto, son os materiais os que xeran as ideas.
Cadeira Petroglifo |
Partimos de materiais e obxectos
reciclados, tratámolos, dámoslle forma e creamos pezas únicas de
elaboración artesanal.
Por que Reciclaxe e Transformación?
Preocúpanos o esgotamento dos recursos
naturais e apostamos pola eliminación dunha forma eficaz de todo o
que non utilizamos. Por iso, Reciclamos, Restauramos, Reparamos,
Reutilizamos e Recuperamos obxectos de calquera tipo de material
(plástico, madeira, metal, tea, etc.) para dotalos dunha nova
utilidade e darlles unha nova vida.
Se gostas das nosas creacións ou
queres que imaxinemos algo para ti, contacta con ImaxiNaturas.
Recíclate, Recíclao!
Mesillas Natura |