Benvidos a ImaxiNaturas


Lámpada Xardín
Benvidos a ImaxiNaturas

ImaxiNaturas é un laboratorio de ideas, un lugar onde imaxinamos dende a reciclaxe e onde reciclamos para transformar.


Cadeira Petroglifo
No noso proxecto non é a idea a que crea o produto, son os materiais os que xeran as ideas.
Partimos de materiais e obxectos reciclados, tratámolos, dámoslle forma e creamos pezas únicas de elaboración artesanal.






Por que Reciclaxe e Transformación?

Preocúpanos o esgotamento dos recursos naturais e apostamos pola eliminación dunha forma eficaz de todo o que non utilizamos. Por iso, Reciclamos, Restauramos, Reparamos, Reutilizamos e Recuperamos obxectos de calquera tipo de material (plástico, madeira, metal, tea, etc.) para dotalos dunha nova utilidade e darlles unha nova vida.

Se gostas das nosas creacións ou queres que imaxinemos algo para ti, contacta con ImaxiNaturas.


                                                                                      Recíclate, Recíclao!

Mesillas Natura